Escrito o:
I Ciclo de Xornadas de Dinamización Empresarial
Viveiro acolle dentro do I Ciclo de Xornadas de Dinamización Empresarial, o próximo día 26 de abril, mércores, a xornada informativa "Claves para simplificar o acceso ás actividades económicas: licenzas, autorizacións e permisos". Terá lugar no Hotel Thalasso Cantábrico Las Sirenas (Praia de Sacido s/n, Covas - Viveiro) a partir das 11:00 horas.
As Xornadas de Dinamización Empresarial están organizadas desde a Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación en colaboración coa Rede Localis (Rede Local de Administración Pública) e a Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), e dirixidas a empresas, autónomos, confederacións de empresarios, clústeres tecnolóxicos, asociacións empresariais e tamén ao persoal técnico das distintas administracións públicas.
O obxectivo destas xornadas é o de dar a coñecer as distintas ferramentas e apoios deseñados e implantados pola Xunta de Galicia para a dinamización do sector empresarial.
O programa da xornada, descargable nesta ligazón e tamén ao final desta entrada, inclúe a participación de responsables públicos, técnicos da Amnistración, empresarios e representantes de colectivos implicados na dinamización empresarial.
A entrada á xornada do día 26 é libre previa inscrición, que pode tramitarse NESTA LIGAZÓN.