Voltar atrás

Escrito o:

Lugo, centro do debate sobre innovación empresarial este xoves

Lugo convertirase en centro de debate sobre innovación empresarial o próximo xoves 30 de marzo nun foro organizado pola Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) no marco do programa Conecta Lugo, posto en marcha co apoio da Xunta de Galicia.

Baixo a denominación I Foro de Innovación Empresarial, o evento inclúe a conferencia maxistral dun referente en materia de xestión estratéxica, innovación e competitividade empresarial, Xavier Marcet, así como unha mesa redonda de debate que contará coa participación de Carmen Lence de Leite Río, Juan Luis Méndez de Vinigalicia ou Sergio Martínez, director xeral de Quescrem.

Perfil Marcet

Xavier Marcet, consultor en estratexia, innovación e emprendemento corporativo formado en posgrao nas escolas de negocios UC Berkeley IESE e ESADE e cunha licenciatura anterior en historia pola UAB, está considerado un “gurú” en materia de innovación empresarial. 

Actualmente é Presidente de Lead To Change LTCproject, empresas en rede dedicadas á consultoría en estratexia e innovación, e 8 Wires, unha startup sobre Big Data e Management.

A maiores, Marcet é autor de varias publicacións de referencia sobre xestión e competitividade empresarial como "Esquivar la mediocridad. Notas sobre management: complejidad, estrategia e innovación", "Crecer haciendo crecer: El secreto de las empresas consistentes" ou "Cosas que aprendemos después. Bloggiana sobre management, innovación y estrategia", entroutras.

Público

O I Foro de Innovación Empresarial está dirixido a todo o ecosistema de innovación empresarial: empresarios e emprendedores; responsables e técnicos de departamentos de I+D+i de empresas e centros de investigación; profesorado, investigadores e alumnado de Universidades e centros de formación profesional e outros centros educativos así como a calquera interesado na materia.

Terá lugar no Hotel Méndez Núñez, as intervención darán comenzó ás 18:00 horas (acreditacións ás 17:45) e a asistencia é gratuita, se ben é imprescindible inscrición a través desta ligazón.