Escrito o:
XORNADA INFORMATIVA | A gandería de antes e de agora, fonte de alimentos seguros
A Confederación de Empresarios de Lugo colabora coa xornada informativa "A gandaría de antes e de agora, fonte de alimentos seguros", organizada por diferentes entidades para divulgar ferramentas innovadoras e de novas tecnoloxías para facer máis competitivo o sector primario da provincia de Lugo.
A xornada, impulsada por Biochem en colaboración con entidades como Galper, Anembe, Asincar, Innogando, a Fundación Agroalimentaria de Galicia, o Colexio de Veterinarios de Lugo e a propia CEL, contará coas intervencións de expertos representantes de empresas especializadas en innovación en allimentación animal, software adaptado ou monitoreo no sector primario, entroutros.
Máis concretamente, participarán como relatores Javier Piñán, Licenciado en Veterinaria pola Universidade Complutense de Madrid coa Especialidade Produción Animal, Doutor pola Universidade de León (Departamento de Medicamento, Cirurxía e Anatomía Veterinaria) e responsable do desenvolvemento de produtos de uso en granxa da biotecnológica Biochem; Rubén Crespo, Doutor Enxeñeiro Técnico Agrícola pola Universidade Politécnica de Madrid, Master Internacional en Nutrición Animal co Instituto Agronómico do Mediterráneo de Zaragoza e actualmente Director Técnico de Biochem para Europa Central e LATAM; Jorge García, Director Executivo de Galper, con longa experiencia na implantación de TIC no Sector agroalimentario; Jesús Menéndez, responsable desde 2016 da área de Asesoramento Tecnolóxico e Formación de Asincar, desde a que se desenvolven Proxectos de I+D+i orientados á generacion de novos produtos e procesos, mellora de procesos produtivos, e formación en aspectos tecnolóxicos sobre a produción de alimentos; e Elio López, Licenciado en Veterinaria pola Universidade de Santiago, Facultade de Veterinaria de Lugo. Responsable de Cevegal (empresa familiar dedicada ao engorde de tenreiros), responsable de Eliter (diferenciación de tenreiros dependendo de orixe) e CEO de Innogando, dedicada ao deseño e desenvolvemento de ferramentas TIC para a súa aplicación á xestión gandeira.
A xornada terá lugar terá lugar o próximo día 21 de marzo de 2023, martes, en horario de 18:00 a 20:30 horas, en formato presencial na sede do Colexio de Veterinarios de Lugo.
A asistencia é gratuíta pero o aforamento limitado, polo que é imprescindible formalizar inscrición a través desta ligazón.
Máis información en pdf descargable ao final desta entrada.