Voltar atrás

Escrito o:

XORNADA INFORMATIVA | Mapa de apoios á I+D+i 2023

A sede central da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) acollerá o próximo 22 de febreiro, mércores, unha xornada informativa para dar a coñecer os instrumentos de apoio á innovación das distintas Consellerías da Xunta de Galicia a través do primeiro Mapa conxunto de apoios da Xunta de Galicia á I+D+i 2023.

A xornada está aberta a todos os axentes do ecosistema innovador, pero é de especial interese para as pemes que realicen actividades de innovación ou queiran innovar.

Detallaranse as axudas para os autónomos e pequenas e medianas empresas, e contarase con casos de éxito de empresas que puideron mellorar a súa competitividade a través destes incentivos da Xunta de Galicia en exercicios anteriores como Grupo Jim Sports, Nova Industria Galega (Nigal) o BioBocado (programa completo descargable en pdf ao final desta entrada).

As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición que pode tramitarse a través desta LIGAZÓN.