Voltar atrás

Escrito o:

XORNADA INFORMATIVA | Programa Responsabilízate

A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) acolle o próximo día 2 de febreiro de 2023, xoves, un encontro informativo sobre o Programa Responsabilízate, iniciativa de apoio e asesoramento gratuíto ás pemes galegas para que avancen na súa adaptación ás obrigacións da regulación ASG (Ambiental, Social e de Goberno Corporativo) a través do desenvolvemento da súa Responsabilidade Social Empresarial (RSE). 

O encontro terá lugar en formato presencial na sede central da CEL (Praza de Santo Domingo, 6-8, 2ª Planta en Lugo) e contará coas intervencións de Elena Mancha, directora xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia; Daniel Domínguez, xerente da consultora Valora e coordinador do Programa Responsabilízate; José Luís Madrid, CEO de Sicasoft Solutions; Luís García, CEO de Garmin Mantemento e Servizos Industriais e Amalia Fernández, asesora legal de Pescados Rubén (descargar programa detallado ao final desta entrada).

As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición, que pode formalizarse nesta LIGAZÓN.

Responsabilízate

O programa Responsabilízate está dirixido a pequenas e medianas empresas galegas que non superen os 50 millóns de euros de volume de negocio anual ou teñan un balance anual inferior a 43 millóns de euros.  Os servizos do programa inclúen diagnóstico da situación actual da empresa no marco ASG, actividades formativas e de asesoramento personalizado por parte de expertos, así como o desenvolvemento dunha folla de ruta para a súa implementación, na que as pemes contarán co apoio do equipo de consultores do proxecto. Máis info do programa na Sede Electrónica da Xunta.