Escrito o:
XORNADA INFORMATIVA | Absentismo laboral no marco actual. Problemática da Incapacidade Temporal
A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), a través do seu Gabinete Técnico de Seguridade e Saúde Laboral, e Ibermutua Gallega, organizan para o próximo día 9 de novembro, mércores, a xornada informativa "Absentismo laboral no marco actual. Problemática da Incapacidade Temporal".
O encontro busca revisar e analizar os aspectos legais e técnicos relacionados coa xestión do absentismo nos lugares de traballo, con especial incidencia na problemática da Incapacidade Temporal.
O absentismo laboral é aquilo que ocorre cando a persoa traballadora auséntase dalgún acto ou función na empresa. É dicir, indica ausencias e/ou atrasos, sexan estes justificados ou non.
Durante a sesión programada na CEL, poderase debater sobre as horas perdidas, tanto por incapacidade laboral como por razóns non justificadas, así como realizar unha análise comparativa co ciclo económico. Outro aspecto no que se incidirá serán as medidas e os mecanismos de control para a xestión do absentismo.
A xornada, que terá lugar ás 10:30 horas en formato presencial, contará coas achegas de Javier Flórez, director territorial de Ibermutua Gallega. Máis info no programa descargable en pdf ao final desta entrada.
As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición, que pode formalizarse na seguinte ligazón: