Voltar atrás

Escrito o:

II Foro Think Tank | Ribeira Sacra: aposta de futuro

A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) organiza, no marco da iniciativa Conecta Lugo que comparte coa Xunta de Galicia, o II Foro Think Tank "Ribeira Sacra: aposta de futuro", un encontro que busca ser ferramenta de coñecemento e debate sobre as potencialidades económicas da zona sur da provincia, así como punto de xeración de ideas de futuro para a Ribeira Sacra.

O encontro terá lugar no Balneario Augas Santas de Pantón ou o próximo día 24 de outubro, luns, en horario de 10:00 a 14:00 horas e contará con intervencións de representantes da Xunta de Galicia e outras entidades de importancia na Ribeira Sacra, así como dalgunhas das empresas máis dinámicas da zona, entroutras.

Máis concretamente, o Foro dividirase en tres mesas de traballo, seguindo o seguinte programa:

     10:00 h.- Café de benvida e acreditacións.

     10:30 h.- Mesa 1 | Excelencia e sustentabilidade como camiño do turismo.

     11:45 h.- Mesa 2 | O potencial do sector agroalimentario.

     13:00 h.- Mesa 3 | O viño como porta ao mundo.

     14:00 h.- Peche e Aperitivo Networking

Máis información descargable ao final desta entrada.

As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición que xa pode tramitarse nesta ligazón: 

INSCRICIÓN II FORO THINK TANK RIBEIRA SACRA APOSTA DE FUTURO