Voltar atrás

Escrito o:

Formación para emprendedores cooperativos

A nosa entidade referente para atención a emprendedores, a Fundación CEL, que se atopa situada no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, impartirá entre setembro e outubro, co apoio da Rede Eusumo, formación especializada en economía social dirixida a futuros empresarios interesados en emprender a través de fórmulas cooperativas. Entre outras cuestións, ensinarase a desenvolver unha idea de negocio ou elaborar un plan de empresa.

Máis concretamente, están previstos dous programas formativos que abordarán os seguintes contidos:

PROGRAMA 1. Constrúe o teu modelo de negocio con Lego.

O obxectivo principal é axudar á persoa emprendedora a concretar os puntos crave para levar a cabo a súa idea de negocio satisfactoriamente. Está composto por diferentes módulos que axudarán a conceptualizar e definir as ideas de negocio a través da metodoloxía innovadora "Lego Serious Play". Este programa axudará ao emprendedor a determinar que recursos e capacidades vanse a necesitar para levar a cabo a idea de negocio, e como se pode conseguir ou desenvolver.

  • MÓDULO 1. Construíndo a túa proposta de valor (4 horas).
  • MÓDULO 2. Construíndo ao teu cliente tipo. O modelo de empatía (4 horas).
  • MÓDULO 3. Construíndo o teu produto e o camiño cara ao teu cliente (4 horas).
  • MÓDULO 4. Construíndo a túa cooperativa (4 horas).
     

Terá lugar do 12 de setembro ao 15 de setembro de 2022 en horario de 16:00 a 20:00 horas.

PROGRAMA 2. Crea o teu plan de empresa.

No que se abordarán os conceptos básicos para elaborar un plan de empresa de cooperativas ou entidades de economía social, desde a idea de negocio, a proposta de valor, o plan de mercadotecnia, a organización e xestión de persoas e o plan económico financeiro. Permitirá aos participantes deseñar de maneira organizada a creación da súa empresa e mellorar as súas posibilidades de éxito.

  • MÓDULO 1. O plan de empresa (4 horas).
  • MÓDULO 2. O plan de mercadotecnia (4 horas).
  • MÓDULO 3. A organización e as persoas (4 horas).
  • MÓDULO 4. O plan económico-financeiro (4 horas).
     

Terá lugar os días 19 e 26 de setembro e o 3 e 10 de outubro de 2022 en horario de 16:00 a 20:00 horas.

Estas formacións impartiranse en formato presencial nas instalacións da Fundación CEL. As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición que se solicitará a través do formulario de inscrición na ligazón ao pé. Os asistentes poderán optar a asistir a unha soa das accións ou a ambas as para poder completar a formación sobre o seu proxecto empresarial.

Ademais, os asistentes ás accións poderán acceder a tutorías individuais como parte dos servizos de asesoramento e acompañamento da Fundación Cel no marco da Rede Eusumo.

Todas as accións están cofinanciadas a través da Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade.

VER PROGRAMA 

INSCRICIÓN