Voltar atrás

Escrito o:

Novos cursos de prevención de riscos laborais 2022

A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) impartirá en próximas datas, co financiamento da Xunta de Galicia, unha nova programación en materia de prevención de riscos laborais conformada por un total de nove cursos gratuítos, destinados tanto a desempregados como a traballadores e empresarios da provincia de Lugo.
 
Estas accións formativas desenvolveranse entre os meses de setembro e outubro en Lugo, en modalidade de teleformación ou presencial, dependendo da materia.
 
Máis concretamente, a formación de seguridade e saúde deste ano 2022 abordará cuestións como "Prevención de riscos laborais fronte á exposición á COVID-19 en contornas laborais", "Técnico en prevención de riscos en teletraballo"; "Manexo seguro de carretillas elevadoras", "Manexo seguro de plataformas móbiles de persoal" e "Prevención de riscos no manexo do camión guindastre autocargante" (máis info no pdf adxunto ao final desta entrada).
 
Prazas e inscrición
 
As prazas son limitadas (máximo 15 - 20 alumnos por acción formativa) e cubriranse por orde de inscrición, que pode tramitarse a través das seguintes ligazóns: 
 
 
 
 
     Inscrición CURSOS MANEXO SEGURO DE CARRETILLAS ELEVADORAS (Presenciais) 
 
 
 
Máis información e consulta de dúbidas a través da CEL (Tel. 982 23 11 50). 
 
Estas accións de formación organízanse ao amparo da Orde de 29 de decembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a accións de fomento da prevención de riscos laborais na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2022, co financiamento da Xunta de Galicia.