Escrito o:
CURSO | Xestión do Comercio Internacional
A CEL organiza, con Noroex Consultores, un completo curso en materia de comercio internacional que terá lugar na modalidade online entre os días 26 de setembro e 18 de decembro de 2022.
De 150 horas totais de duración, o curso abarca os alicerces básicos do comercio Internacional, cos que o alumno poderá adquirir todas as habilidades necesarias para afrontar os trámites aduaneiros que leva unha operativa de exportación/ importación, será capaz de deseñar unha loxística internacional segundo INCOTERM, así como de elixir o medio de pago que resulte máis adecuado en cada ocasión.
O curso comprende ademais as horas esixidas para formar parte da Bolsa IGAPE de xestores de internacionalización, conforme á Resolución de 2 de agosto de 2019 (DOG Nº 154, do 14/08/2020).
Sesión informativa.
Con carácter previo, o 20 de setembro, de 19:00 a 20:30 h, terá lugar unha sesión informativa a través de zoom (https://us02web.zoom.us/j/5757905979) á que poderá asisitir sen preinscrición.
Público obxectivo
O curso está dirixido a empresarios/as e persoal directivo ou técnico de empresas que teñan intención de saír a mercados exteriores ou consolidar o seu actual proceso de internacionalización, desempregados, universitarios e, en xeral, calquera persoa interesada en adquirir coñecementos sobre esta materia.
O curso é de pago, aínda que se contemplan descontos para asociados á CEL e desempregados.
Información completa no pdf descargable nesta entrada.
Aberta inscrición, que pode formalizarse nesta ligazón (tal e como se indica na información adxunta, a isncripción non será efectiva até o pago do importe do curso no número de conta indicado e o envío do xustificante do mesmo).