Escrito o:
Robótica agrícola e gandeira, temática para un novedoso ciclo de conferencias en Lugo
A Universidade de Santiago de Compostela (USC) e a Deputación de Lugo promoven un novo ciclo de conferencias en Lugo para os próximos días 11 e 12 de xullo: coa robótica agrícola e gandeira como temática vertebradora, terán lugar no salón de actos da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría do Campus Terra da USC e contan tamén coa colaboración da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e da Fundación Agroalimentaria de Galicia (FAGA).
Máis concretamente, o ciclo contará coas aportacións de Alberto Sánchez, responsable de Mercadotecnia de Lely Ibérica, que analizará a "Robotización de explotacións de vacún de leite; Germán Martínez, enxeñeiro agrónomo, presidente de Kubota España e vicepresidente de Vendas da División de Tractores Kubota en Europa, que exporá os exemplos de innovación de Kubota mirando ao futuro sustentable da agricultura; Ángela Ribeiro, investigadora científica e directora do Grupo de Percepción Artificial (GPA) do Centro de Automática e Robótica do CSIC, que participará coa conferencia "Robots intelixentes en Agricultura. O futuro xa está aquí"; e con Dionisio Andujar, científico titular do Grupo de Percepción Artificial (GPA) do Centro de Automática e Robótica do CSIC cunha intervención "Cultivando con datos: Cara á agricultura robótica de precisión".
A asistencia é gratuíta até completar aforamento, aínda que é necesaria inscrición previa.
Más info e inscripciones: https://www.roboticalugo.com/