Voltar atrás

Escrito o:

XORNADA INFORMATIVA | Reforma Laboral e Diálogo Social

A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) organiza, co apoio da Xunta de Galicia e en márcolle das actuacións do Diálogo Social en Galicia, unha xornada informativa sobre "Reforma Laboral e Diálogo Social" na que se abordará, da man de expertos e desde diferentes puntos de vista, o impacto da nova normativa que regula as relacións laborais, así como outras cuestións de interese adicionais como plans de igualdade ou responsabilidade penal das persoas xurídicas.

Máis concretamente, contempla no seu programa (descargable completo ao final desta entrada) a participación do presidente da Federación Nacional de Traballadores Autónomos e vicepresidente de CEOE, Lorenzo Amor, que centrará a súa intervención no impacto da reforma laboral nos traballadores autónomos; Guadalupe Hervera, técnico dos servizos xurídicos da CEL especializada en negociación colectiva, que analizará os cambios que a reforma introduce nestes procesos de negociación; Demetrio Fernández, director territorial da Inspección de Traballo e a Seguridade Social en Galicia, cunha intervención que versará sobre ITTS e a nova reforma laboral; Verónica Suárez de Frago & Suárez Avogados Penalistas que se centrará nas obrigas das empresas en materia de plans de igualdade e Juan Antonio Frago, fiscal de delitos económicos en excedencia e tamén de Frago & Suárez que disertará sobre a responsabilidade penal das persoas xurídicas.

A xornada terá lugar o próximo día 31 de maio, martes, en horario de 12:00 a 13:30 horas. A asistencia poderá ser presencial (na sede central da CEL en Lugo) ou telemática.

As prazas son limitadas en ambas as modalidades e cubriranse por rigorosa orde de inscrición, que pode tramitarse a través da seguinte ligazón:

INSCRICIÓN XORNADA REFORMA LABORAL E DIÁLOGO SOCIAL | 31 de maio de 2022