Escrito o:
CONECTA LUGO | Xornadas informativas sectoriais
No marco da iniciativa Conecta Lugo que impulsa a Xunta de Galicia, a CEL ten prevista a celebración de tres novas xornadas divulgativas nas localidades de Ribadeo e Monforte de Lemos, para informar sobre axudas específicas para o sector turístico e comercial.
Máis concretamente, as xornadas de Monforte de Lemos terán lugar os días 24 de maio e 3 de xuño, a primeira sobre axudas para empresas, pemes e micropymes do sector turístico, ás 17:00 h., e a segunda sobre axudas para o sector comercial, ás 16:00 horas. Ambas se celebrarán no Centro Cívico e Social de Monforte de Lemos (Paseo do Malecón s/n) e contarán coas achegas de Paloma Vázquez, xefa da área Provincial de Turismo da Xunta de Galicia, e de Manuel Heredia, director xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia, respectivamente.
Pola súa banda, a xornada prevista en Ribadeo achegarase novamente ás axudas para o sector comercial da man de Manuel Heredia. Neste caso, prevese a súa celebración o mércores 1 de xuño ás 16:00 horas no Hotel O Cabazo (Rúa Río do Amalló, nº 1)..
Para participar nestas xornadas é obrigatoria inscrición previa a través desta LIGAZÓN.