Voltar atrás

Escrito o:

I Foro Think Tank de Turismo de A Mariña

A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) organiza, no marco da iniciativa Conecta Lugo que comparte coa Xunta de Galicia, o I Foro Think Tank de Turismo da A Mariña, un encontro que busca ser ferramenta de coñecemento e debate sobre a situación dun sector chave para a provincia de Lugo en xeral e para o norte provincial en particular, así como punto de xeración de ideas de futuro neste ámbito. 

O encontro terá lugar no Real Club Náutico de Ribadeo o próximo día 26 de maio, xoves, en horario de 10:00 a 14:30 horas e contará con intervencións de representantes de Xunta de Galicia, dos GDR e GALP así como de presentacións experienciales de empresas hostaleiras e turísticas. 

Máis concretamente, o Foro dividirase en tres mesas de traballo, seguindo o seguinte programa:

     10:00 h.- Café de benvida e acreditacións.

     10:30 h.- Mesa 1 | Retos do turismo en Galicia: calidade e profesionalización. Presentación das axudas da Xunta no Turismo.

     11:30 h.- Mesa 2 | O Camiño do Norte como oportunidade para A Mariña.

     12:30 h.- Mesa 3 | A Mariña como referente do turismo de calidade e sustentable. 

     13:30 h.- Peche

     13:30 -14:30 h.- Aperitivo & Networking

Máis información descargable ao final de esta entrada.

As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición que xa pode tramitarse nesta ligazón: 

INSCRICIÓN I FORO THINK TANK DE TURISMO DA MARIÑA