Escrito o:
Interese polos servizos da Axencia de Colocación da CEL na I Feria de Emprego e Talento
A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) participou hoxe na I Feira de Emprego e Talento, organizada pola Asociación de Empresarios de O Ceao - As Gándaras para dar a coñecer a oferta e a demanda laboral de ambos os parques empresariais e, en xeral, das empresas lucenses.
A feira, patrocinada por ABANCA, estati.co, Banco Sabadell, Experiencias do Destino e Animatium, congregou a máis de vinte empresas e entidades expositoras que, como a CEL, buscaban dar a coñecer os seus servizos e/ou as súas ofertas de traballo.
A CEL centrou a súa participación nesta feira en informar especialmente sobre os seus servizos en materia de emprego, en concreto da súa área de orientación laboral e da súa Axencia de Colocación, un servizo gratuíto a través do que pon en contacto a demandantes de emprego e empresas da provincia de Lugo de forma totalmente gratuíta. Informou así mesmo dos seus servizos de apoio a emprendedores, que oferta a través da Fundación CEL, ou das súas diferentes liñas de apoio, información e asesoramento a empresas, pemes e autónomos.
A Axencia de Colocación da CEL suscitou un gran interese entre os numerosos visitantes á Feira, recibindo a caseta numerosas peticións de información e consultas ao longo de toda a xornada.
Conferencia
Por outra banda, a CEL tamén participou nas conferencias informativas convocadas no marco desta feira cunha intervención de Lourdes Pardo, a súa secretaria xeral adxunta e responsable dos Servizos Xurídicos, que informou sobre subvencións á contratación para as empresas en vigor, sobre alternativas para o autoemprego a través do emprendimiento ou o cooperativismo, así como sobre a importancia da formación e a actualización de coñecementos ao longo da vida laboral.