Voltar atrás

Escrito o:

Unha trintena de empresas agroalimentarias fórmanse en dixitalización en Burela, Monforte e Lugo

Unha trintena de empresas agroalimentarias lucenses sumáronse ao programa formativo Obradoiros 4.0: o sector agroalimentario de Lugo ante o reto 4.0, que vén de pór en marcha a Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) co apoio do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape). 

A pasada semana iniciáronse as sesións presenciais deste programa formativo no tres localidades nas que se imparte (Burela, Monforte de Lemos e Lugo), e que busca fomentar a mellora da competitividade das pemes agroalimentarias lucenses, con especial atención aos subsectores pesqueiro e vitivinícola no caso de Burela e Monforte. 

Estes obradoiros comprenden un programa práctico que busca fomentar a dixitalización das empresas agroalimentarias da provincia de Lugo a través do coñecemento das novas ferramentas 4.0 e a formación baseada en dinámicas de grupo e colaborativas.

As sesións están programadas ao longo das próximas semanas na zona norte, centro e sur da provincia. Cada obradoiro ou taller comprende á súa vez sesións de formación presenciais con relatores especializados e exposición de casos de éxito (un total de cinco), tutorías individualizadas online e xornadas Demo Day presenciais para validar as solucións tecnolóxicas propostas para cada empresa. O programa formativo finalizará no mes de xuño.  

Fotografía: momento da sesión de traballo entre as empresas participantes na edición de Lugo.