Voltar atrás

Escrito o:

WEBINAR PRL | Riscos Psicosociais, Protocolos de Acoso Laboral e Plans de Igualdade

Coincidindo coa conmemoración do Día Mundial da Seguridade e Saúde no Traballo, o día 28 de abril, xoves, o Gabinete Técnico de Seguridade e Saúde Laboral da CEL organiza un webinar no que informará de factores psicosociais de risco en contornas laborais, como avalialos e previlos, elaboración de protocolos de acoso laboral e os plans de igualdade desde o punto de vista da prevención de riscos.  

O Gabinete Técnico de Seguridade e Saúde Laboral da CEL busca coa organización deste webinar dar a coñecer aquelas actuacións que deben levar a cabo as organizacións dentro do ámbito psicosocial laboral, para protexer e promover a saúde, seguridade e benestar dos traballadores e a sustentabilidade do espazo de traballo.

A CEL contará para a impartición deste webinar coas achegas de María Pilar Facius Mira, Psicóloga, Técnico de Prevención de Riscos Laborais e Responsable Nacional da área de Psicosociología en Ibersys Seguridad y Salud

O programa completo do webinar pódese descargar completo ao final desta entrada. 

A asistencia é gratuíta, pero é necesaria reserva de praza a través da seguinte ligazón:

INSCRICIÓN WEBINAR PRL Riscos Psicosociais, Protocolos de Acoso Laboral e Plans de Igualdade