Voltar atrás

Escrito o:

O viveiro dos empresarios de Lugo, o mellor de España segundo Funcas e a Universidad Rey Juan Carlos

O Centro de Iniciativas Empresariais da Fundación CEL foi situado como o primeiro dos viveiros avanzados de España polo Informe Funcas “Os servizos que prestan os viveiros e aceleradoras de empresas en España. Ranking 2022-2023”, un estudo que a Fundación Caixas de Aforro (FUNCAS) e a Universidade Rey Juan Carlos de Madrid realizan dende 2013 para ofrecer unha radiografía do emprendimiento e os axentes do ecosistema nacional de apoio a emprendedores.

Funcas xa situara ao viveiro de empresas da Fundación CEL, entidade impulsada por esta Confederación fai xa 25 anos, entre os primeiros postos (segundo e terceiro) do podio nacional e autonómico en anteriores edicións deste ranking, valorando ítems relacionados coa multiplicidade das ferramentas de apoio que ofrece a entidade e que converte a viveiros como este en “máis útiles para a sociedade”, en palabras do investigador principal do estudo Funcas, Francisco Blanco.

 

Máis info