Voltar atrás

Escrito o:

OBRADOIROS 4.0 | O sector agroalimentario de Lugo ante o reto 4.0

A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) organiza en colaboración coa Xunta de Galicia a través do Igape, os Obradoiros 4.0: o sector agroalimentario de Lugo ante o reto 4.0.

Estes "obradoiros" ou talleres comprenden un programa práctico que busca fomentar a dixitalización das empresas agroalimentarias da provincia de Lugo a través do coñecemento das novas ferramentas 4.0 existentes e a formación baseada en dinámicas de grupo e colaborativas.

Máis concretamente, os obradoiros desenvolveranse entre os meses de abril e xuño en tres localidades diferentes (Burela, Lugo e Monforte de Lemos), con formación sobre orientada ao sector agroalimentario en xeral e tamén específica para sectores como o pesqueiro ou o vitivinícola.

Cada obradoiro ou taller comprende á súa vez sesións de formación presenciais con relatores especializados e exposición de casos de éxito (un total de cinco), tutorías individualizadas online e xornadas Demo Day presenciais para validar as solucións tecnolóxicas propostas para cada empresa. Ao final desta entrada pode descargarse en pdf programa máis detallado.

As sesións de formación terán un carácter práctico máis que teórico, buscando que as empresas seleccionen e adopten solucións de dixitalización que melloren a súa competitividade, fomentando a participación e cooperación dos asistentes, a interacción entre eles e a cohesión do grupo. Usaranse para iso metodoloxías como Lego Serious Play, Brainstroming, etcétera. A información recibida e as conclusións derivadas servirán ademáis de base para a posterior solicitude de axudas específicas do IGAPE.

En cada obradoiro poderá participar un máximo de 12 empresas. A asistencia é gratuita, pero a inscrición debe formalizarse a través das seguintes ligazóns:

     INCRICIÓN OBRADOIRO BURELA
     INSCRICIÓN OBRADOIRO MONFORTE DE LEMOS
     INSCRICIÓN OBRADOIRO LUGO 

FORMACIÓN DIRIXIDA A EMPRESAS: EMPRESARIOS, DIRECTIVOS E PERSOAL DE DEPARTAMENTOS RELACIONADOS COA ESTRATEXIA DA EMPRESA, INNOVACIÓN EMPRESARIAL E SEMELLANTES.