Voltar atrás

Escrito o:

Baleira, Bóveda e Mondoñedo, paradas do Camiño de Futuro, unha iniciativa da Xunta para promover a innovación empresarial

A provincia de Lugo abre o "Camiño de Futuro", unha iniciativa da Xunta coa que colabora a CEL a través da que se organizan 14 encontros divulgativos en materia de innovación en diferentes puntos de Galicia, e que no caso de Lugo terán lugar en Baleira, Bóveda e Mondoñedo. Nestes encontros detallarase o "Programa impulso á innovación nas pemes" ou os mapas de apoios á innovación da Xunta, e daranse a coñecer experiencias empresariais próximas de éxito.

O "Camiño de Futuro" dá continuidade á iniciativa "Camiño da Innovación", desenvolvida a finais do pasado ano tamén en diferentes puntos do territorio galego. Ambas teñen por obxecto dar a coñecer as oportunidades e axudas en Galicia para impulsar a innovación entre as empresas galegas, e en especial as situadas en contornas rurais. 

Máis concretamente, os encontros informativos da provincia terán lugar o luns 7 de marzo en Baleira, o mércores 9 de marzo en Bóveda e o xoves 10 de marzo en Mondoñedo, en horario de 12:00 a 13:30 horas, e contarán coas intervencións de Patricia Argerey, directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), ténicos de Igape e GAIN, representantes dos GDR e GALP e xerentes de diferentes pemes galegas con experiencias en materia de innovación de éxito. Para máis información descargar programas en pdf ao final desta entrada.

     INSCRICIÓN BALEIRA

     INSCRICIÓN BÓVEDA

     INSCRICIÓN MONDOÑEDO

Máis info na web de GAIN (sección Eventos)