Voltar atrás

Escrito o:

Luis Huete, nun almorzo de traballo con directivos de empresas do Consello Asesor da CEL

A sede central da CEL acolleu onte un encontro empresarial que ten por obxectivo reflexionar sobre cuestións relacionadas con liderado e estratexia de cara á mellora do rendemento empresarial.

Este encontro contou como relator con Luis Huete, Licenciado en Dereito, MBA polo IESE Business School e Doutor en Administración de Empresas por Boston University e profesor de IESE Business School desde 1982, entre outros. Segundo o Institute for International Research (IIR), tres de cada catro directivos considérano como "o mellor gurú do management español" e a publicación Who's who no Mangement Español destácao como unha das figuras máis influentes neste ámbito.

Ao encontro, no que participaron directivos de empresas integradas no Consello Asesor da CEL, Luís Huete reflexionou sobre os efectos da pandemia no mercado e as "vitaminas" que hai que administrar nunha empresa para asegurar a súa boa marcha. 

Máis info do encontro nesta entrevista no Progreso.