Escrito o:
Unha trintena de persoas asisten á xornada sobre prevención de delitos no ámbito empresarial organizada na CEL
Unha trintena de persoas asistiron o pasado xoves á xornada informativa sobre prevención de delitos e cumprimento normativo no ámbito empresarial que organizamos co apoio da Deputación Provincial de Lugo.
A xornada estaba pensada desde o punto de vista da importancia da prevención de delitos nas empresas acceso aos fondos do Plan de Recuperación, Resiliencia e Transformación do Goberno de España.
Impartida na modalidade mixta, contou coas intervencións dos avogados de Frago & Suárez Avogados Penalistas Juan Antonio Frago Amada, tamén fiscal de Delitos Económicos en excedencia, que profundará na "Responsabilidade civil do empresario e a empresa"; Verónica Suárez, que informará sobre "Igualdade na empresa" e Rubén Veiga, que disertará sobre "Novidades de Compliance para as empresas". O programa completo pode descargarse en pdf ao final desta entrada.
A xornada foi inaugurada por Jaime López, secretario xeral da CEL, e Pablo Rivera, deputado de Promoción Económica e Social da Deputación Provincial de Lugo, entidade que financiaba a iniciativa.
Máis info: vídeo Servizo Adiovisuales Deputación Lugo