Escrito o:
Lugo inicia a formación galega do Diálogo Social cun curso sobre protección de datos da CEL
A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) iniciou a pasada fin de semana a programación formativa do Diálogo Social en Galicia cun curso intensivo sobre "Protección de Datos para Persoas Traballadoras", que continuará e finalizará o fin de semana próximo.
O curso, de 20 horas totais, aborda, entre outras cuestións, aspectos xerais da protección de datos; protección de datos nos procedementos de selección e contratación; protección de datos durante a relación laboral; control da actividade laboral (videovigilancia, geolocalización, detectives privados, etc.); acceso a datos por parte da representación unitaria e sindical dos traballadores ou xestión de datos na vixilancia da saúde, ademais do dereito á desconexión dixital regulado pola recente Lei do Teletrabajo.
Alberto Álvarez, responsable de Patentes e Marcas da consultora Álvarez Real S.L., é o relator encargado dos contidos desta acción formativa de carácter intensivo, localizada nas instalacións de coworking de Forum CEAO.
Este tipo de formación está posta en marcha a nivel autonómico co apoio da Xunta de Galicia e o Servizo Público de Emprego (SEPE). Para o próximo exercicio 2022 están previstas novas accións formativas dirixidas a traballadores, empresarios e autónomos que abordarán temas de importancia para as relacións laborais e que están pensadas para mellorar a capacitación para o desenvolvemento de funcións relacionadas co Diálogo Social e a Negociación Colectiva. Terán lugar en todo o territorio galego, tres delas en Lugo organizadas pola CEL.