Escrito o:
Prevención de Riscos Laborais en Teletraballo
A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), co financiamento da Deputación Provincial de Lugo, organiza no mes de decembro esta acción formativa sobre "Prevención de Riscos Laborais en Teletraballo". Enmarcada na programación formativa post COVID-19, busca analizar e dar a coñecer os riscos laborais asociados ao teletraballo (tecnoestrés, fatiga informática ou illamento laboral, entre outros), así como informar da forma de realizar as labores de vixiancia nestes casos, medidas preventivas e outras recomendacións para garantir a seguridade e saúde dos traballadores a distancia. Abordaranse tamén outras cuestións como lexislación vixente ou primeiros auxilios e medidas de emerxencia.
Con inicio previsto para o día 3 de decembro e 20 horas totais de formación, impartirase en modalidade de teleformación.
As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición que pode tramitarse a través desta LIGAZÓN.
Máis información e programa descargable ao final desta entrada.
Destinada a EMPRESARIOS, AUTÓNOMOS E TRABALLADORES.