Escrito o:
Influir e motivar equipos de traballo trala pandemia
A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), co financiamento da Deputación Provincial de Lugo, organiza no mes de decembro a acción formativa "Influír e motivar equipos de traballo trala pandemia". Enmarcada na programación formativa post COVID-19, o seu contido está estruturado para proporcionar ao alumnado unha serie de pautas dirixidas ao lograr o mantemento da motivación dos empregados en situacións excepcionais e de incerteza como a orixinada polo coronavirus.
Con inicio previsto para o día 1 de decembro, e de 20 horas totais, impartirase en modalidade de teleformación.
As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición que pode tramitarse a través desta LIGAZÓN.
Destinada a EMPRESARIOS, AUTÓNOMOS E TRABALLADORES. Máis info e programa descargable ao final desta entrada.