Escrito o:
Os empresarios de Lugo infórmanse sobre o III Plan de Rescate frente a la COVID-19 da Xunta
Unha vintena de empresarios lucenses asistiron onte vía telemática ao webinar sobre o III Plan de Rescate a autónomos, empresas e profesionais especialmente afectados pola COVID-19, organizado pola Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) e a Consellería de Emprego e Igualdade para informar de forma directa e resolver dúbidas sobre esta nova liña de axudas.
A directora xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Covadonga Toca, foi a encargada de explicar os pormenores da tramitación do novo Plan de Rescate, activado o pasado luns con 234,4 millóns de euros de fondos asignados polo Estado a Galicia. Toca deu resposta ás dúbidas sobre a tramitación e os requisitos dos novos apoios directos cuxo prazo de solicitude estará aberto até o 14 de xullo.
Javier Arias, delegado territorial da Xunta en Lugo, participou tamén no encontro.
A CEL lembra que os seus asociados poden descargar circular informativa sobre este programa de apoio na súa páxina web, así como consultar cos técnicos da entidade calquera dúbida adicional.