Voltar atrás

Escrito o:

Webinar informativo | III Plan de Rescate a Autónomos, Profesionais e Empresas especialmente afectadas pola COVID-19

A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) organiza un webinar informativo sobre o III Plan de Rescate a Autónomos, Profesionais e Empresas especialmente afectadas pola COVID-19, aprobado mediante Orde do 9 de xuño de 2021, coa colaboración da Consellería de Emprego e Igualdadade da Xunta de Galicia, cuxo persoal técnico será o encargado de informar sobre estas axudas.

O webinar terá lugar este xoves, día 17 de xuño de 2021, ás 16:30 horas

Para asistir é imprescindible inscricion a través desta LIGAZÓN, proporcionando mail de contacto para, unha vez inscrito, recibir link para conexión ao webinar. 

PRAZAS LIMITADAS.