Escrito o:
As axudas de Galicia Exporta Digital espertan o interese dos empresarios de Lugo
Máis dunha vintena de empresarios de Lugo participaron onte no webinario "Internacionalización dixital: estratexia, canles e solucións tecnolóxicas para vender máis e axilizar procesos", convocado pola CEL para informar sobre as opcións de venda por Internet, acceso a novos mercados e a convocatoria 2021 das axudas autonómicas do programa Galicia Exporta Dixital, de Igape e Xunta de Galicia.
Andrés Vicente da consultora especializada Inycom foi o encargado de impartir este webinar, que tamén contou coas achegas de técnicos do organismo que xestiona estes apoios, o Igape.
As empresas interesadas en máis información sobre o programa Galicia Exporta Dixital, poden consultar o artigo publicado no noso Blog e+e sobre o mesmo, así como a información máis completa do Departamento Económico - Fiscal da CEL na sección de circulares desta web, así como contartar vía telefónica cos nosos técnicos (982 23 11 50).
Ao final desta entrada recóllese tamén a presentación de Inycom do webinar de onte.