Escrito o:
WEBINAR | Mercados dos Países Balcánicos
A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) celebrará o vindeiro martes día 15 de decembro o webinar "Mercados dos Países Balcánicos", o cuarto e último do catro que a organización empresarial lucense puxo en marcha co apoio da Deputación Provincial de Lugo no marco do ciclo de seminarios online "Internacionalización na era post COVID-19".
O programa deste webinar, que terá lugar en horario de 17:00 a 20:00 horas, centrarase nas oportunidades de negocio en Serbia, Croacia, Eslovenia e Bosnia, así como a outra información de interese para unha primeira aproximación a estes países, como principais indicadores económicos, particularidades culturais, réxime fiscal, riscos ou incentivos ao investimento, entre outros. Ademais de con as intervencións de especialistas en comercio exterior de Noroex Consultores, contarase tamén coa exposición de casos de éxito de empresas galegas nos Balcáns.
A CEL lembra que os países dos Balcáns representan un mercado atractivo para as empresas galegas, unha vez quedou atrás a convulsa época dos anos 90. Algúns deles, como Croacia e Eslovenia pasaron a formar parte da Unión Europea coa seguridade que iso leva á hora de facer negocios e o potencial de crecemento que aínda manteñen. Pola súa banda, Serbia e Bosnia atópanse en proceso de adhesión á UE, cunha ampla cantidade de fondos comunitarios para a modernización das súas economías. En total, este catro países suman ao redor de 18 millóns de consumidores, un PIB de preto de 186 mil millóns e representan unha boa porta de acceso a mercados de maior renda como Austria para o caso de Croacia e Eslovenia, ou Rusia no caso de Serbia, grazas aos acordos comerciais bilaterais. Presentan importantes oportunidades de negocio en sectores como infraestruturas do transporte, medio ambiente, enerxías renovables, maquinaria, consultoría ou o sector HORECA, entroutros.
Máis info e inscricións
O programa completo deste webinar pode descargarse ao final desta entrada. A asistencia é gratuíta pero é obrigatoria a inscrición, que pode tramitarse a través desta ligazón.