Voltar atrás

Escrito o:

WEBINAR | Ayudas y financiación de las exportaciones

A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) celebrará o vindeiro martes día 24 de novembro o webinar "Axudas e financiamento das exportacións", o terceiro do catro que a organización empresarial lucense pon en marcha co apoio da Deputación Provincial de Lugo no marco do ciclo de seminarios online "Internacionalización na era post COVID-19".

O programa deste webinar, que terá lugar en horario de 17:00 a 20:00 horas, inclúe información sobre as diferentes liñas institucionais de subvención e apoio á internacionalización, tanto da administración local como da autonómica e estatal, así como instrumentos bancarios de financiamento e cobertura de riscos.

Neste webinar intervirán como relatores Amador Davila, consultor sénior internacional e socio fundador de Noroex Consultores, María José Lago, consultora empresarial e socia fundadora de Gesdem Asesoría e Ana Díaz- Becerra, consultora sénior internacional e socia fundadora de Noroex consultores. 

Ingualmente incluiranse casos experenciales da man das colaboracións de César López, CEO en Lenda Petfood; Pilar Rei, responsable do Departamento de comercio exterior na Cámara de comercio de Pontevedra, Vigo e Villagarcía; Isabel Cillero, directora de Canles de Distribución en CESCE; Sandra Fraguela, responsable de comercio internacional en Abanca; Cristina Labandeira, socia fundadora de O Cable Inglés e Paqui García; técnico de internacionalización en Zona Franca.

A CEL lembra que as diferentes Administracións Públicas de España fomentaron ao longo dos últimos anos a internacionalización das empresas a través de financiamento directo, programas sectoriais de apoio á exportación, aceleradoras de internacionalización, consultoría de comercio internacional e acordos con entidades financeiras para o acceso a fondos cunhas condicións máis cómodas que as que ofrece o mercado. Neste webinar repasaranse as diferentes opcións de que dispón unha empresa galega, xa sexa micropyme, peme ou unha empresa de maior tamaño, independentemente do sector en que se engloba a súa actividade, para financiar a súa saída ao exterior.

Máis info e inscricións

O programa completo deste webinar pode descargarse ao final desta entrada. A asistencia é gratuíta pero é obrigatoria a inscrición, que pode tramitarse a través desta ligazón.