Voltar atrás

Escrito o:

A CEL apoia o manifesto da APEHL e dos hostaleiros españois por un plan de rescate ao sector

A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) sumouse hoxe á concentración convocada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo (APEHL) fronte á Subdelegación do Goberno para entregar á subdelegada, Isabel Rodríguez, un manifesto dirixido ao presidente do Goberno no que se recollen varias medidas que o sector considera imprescindibles para garantir a súa supervivencia fronte ás repercusións da crise sanitaria da COVID-19.

A CEL apoia totalmente o manifesto, que pide "un plan de apoio con medidas reais que permitan a supervivencia dos empregos e as empresas da hostalaría do noso país", equiparable ao que sucede noutros países europeos, nos que se están habilitando "plans e fondos con axudas económicas directas e a fondo perdido, que axudan a sobrevivir ás súas industrias de hostalaría e turismo".

A CEL considera, ademais, que a batería de axudas á hostalaría "hai que ter en conta tamén ás empresas distribuidoras e provedores do sector, cuxa actividade se viu moi afectada e carecen de apoios específicos".