Escrito o:
WEBINAR | O mercado alemán
A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) celebrará o próximo día 17 de novembro o webinar "O mercado alemán", enmarcado en ciclo de seminarios online "Internacionalización na era post COVID-19" que, co apoio da Deputación de Lugo, pon en marcha a organización empresarial lucense.
Neste seminario analizaranse as oportunidades de negocio que ofrece Alemaña, pero tamén se achegará a outros factores que deben coñecerse antes de acceder a este mercado como réxime fiscal, análise de riscos e incentivos ao investimento, particularidades culturais e estratexias de negociación ou formas de acceso, entroutros.
Ademais da intervención dos relatores de Noroex Consultores, inclúese nesta ocasión a exposición de casos de éxito, neste caso da man de Belén Varela, que acumula xa dez anos de experiencia en internacionalización dentro do sector do viño, cinco anos desde a xerencia da adega Paco & Lola e o últimos cinco desenvolvendo un proxecto propio de elaboración e exportación de viños, Justbwines, que ten presenza xa en once mercados a nivel mundial, entre eles Alemaña. Participará tamén Javier Balbín, consultor de empresas na área da súa especialización (internacionalización, emprendimiento e management empresarial) e Consultor PEC en Xerencia de Produtos do BID para a execución de proxectos, ademais de profesor-asociado da USC e de ISIDE (México) e colaborador con algunhas escolas de negocio.
Mercado alemán
Cos seus máis de 83 millóns de habitantes e unha cualificación de Débeda Pública AAA, o mercado alemán é o de maior tamaño e peso específico da UE. Alemaña é un dos países industrializados máis avanzados e potentes do mundo, e un dos socios comerciais máis importantes de España: é o segundo destino das exportacións españolas (10,8%), tan só superado por Francia (15,1%), pero o principal provedor de produtos ao noso país (12,6%). Automóbiles e compoñentes son a súa principal fonte de comercio. En canto a sectores de oportunidade, a demanda de produtos industriais a España está relacionada coa propia exportación alemá de produtos acabados. Por outra banda, ao longo deste ano, o Goberno alemán ha aprobado diversos paquetes de axuda para a economía por un importe próximo a 1,7 billóns de euros, o que sen dúbida supón unha importante oportunidade para as empresas españolas de ampliar o seu mercado neste país.
Máis info e inscricións
O programa completo deste webinar pode descargarse ao final desta entrada. A asistencia é gratuíta pero é obrigatoria a inscrición, que pode tramitarse a través desta ligazón.