Voltar atrás

Escrito o:

WEBINAR | Incoterms 2020

A CEL organiza o vindeiro martes 3 de novembro de 2020, co apoio da Deputación Provincial de Lugo, un webinar informativo sobre a nova norma que rexe os Incoterms e que introduce significativos cambios respecto das disposicións anteriores. Enmárcase nun ciclo máis amplo de talleres online sobre internacionalización: os Webinars Internacionalización na era post COVID-19.

O taller online, que terá lugar en horario de 17:00 a 20:00 horas, contará con expertos en comercio exterior da consultora Noroex Consultores.

Os Incoterms son os termos do comercio internacional; condicións de entrega que marcan os dereitos e obrigacións recíprocos entre o exportador e o importador. En xaneiro deste ano entrou en vigor unha nova versión, os Incoterms 2020, con significativas modificacións respecto da norma anterior. A través deste webinar farase énfase na importancia da súa correcta utilización, con consellos de uso e fórmulas para a súa aplicación práctica no cálculo de prezos internacionais. 

Inscrición