Voltar atrás

Escrito o:

O PIB contráese un 0,5% e o IPC modérase en catro décimas durante o primeiro trimestre do ano

O Boletín Económico que mensualmente elabora o Banco de España correspondente ao mes de abril, publicado hoxe, contén como é habitual un informe trimestral da economía española e que constata, unha vez máis, a tórpida evolución da nosa economía que ao longo do tres primeiros meses de 2013 continuou arroxando datos negativos.

Prológase a "pauta de contracción de actividade", aínda que se sinala que a un "ritmo máis atenuado" que nos últimos meses de 2012. A contracción do PIB cífrase nun 0,5% no primeiro trimestre do ano (fronte ao -0,8% do período outubro-decembro), o que sitúa a taxa interanual no -2%.

Continúa retrocedendo a demanda nacional (-0,8%), o emprego segue tamén en descenso aínda que máis moderado que nos últimos meses de 2012, estimándose unha taxa interanual en torno ao -4,5% (fronte ao -4,7% do trimestre anterior), á vez que continúa a moderación dos custos laborais. Modérase igualmente a subida de prezos, diminuíndo a taxa interanual do IPC en 4 décimas, "debido á moderación do compoñente enerxético", durante os primeiros meses do ano até situarse nun 2,4%.

As boas noticias seguen procedendo fundamentalmente das exportacións: a contribución da demanda exterior neta foi positiva (0,3 puntos porcentuais), aínda que inferior ao trimestre anterior (1,2 puntos porcentuais), lastrada pola menor debilidade das importacións e o condicionamento que a recesión da área do euro impón ás vendas ao exterior.

VER INFORME COMPLETO

Foto: Arquivo do Banco de Españahttp://www.bde.es/bde/es/secciones/informes/boletines/Boletin_economic/anoactual/#x7ee0