Voltar atrás

Escrito o:

WEBINARS | Internacionalización na era post COVID-19

A CEL, co apoio da Deputación de Lugo, organiza un ciclo de seminarios online en materia de comercio exterior dirixidos ás empresas da provincia interesadas en novos mercados exteriores ou en mellorar os seus coñecementos sobre algunhas das materias de maior interese nesta área, como axudas, financiamento ou Incoterms 2020. Gratuitos, as prazas son limitadas e cubriranse por orde de inscrición.

Máis concretamente, prevese a celebración de catro webinars, que buscan cumprir un triplo obxectivo: 

  • Actualización de coñecementos: busca trasladar a información máis recente sobre normas e axudas para saír ao exterior.
  • Procura de oportunidades de negocio: a pesar da pandemia, o comercio internacional vaise reactivando e hai mercados que mesmo crecen. Hai que estar preparados para acceder ás oportunidades que brindan.
  • Volta á normalidade: a crise sanitaria ocasionada pola COVID-19 pode en si mesma constituír unha oportunidade para  determinados sectores, polo que resulta imprescindible volver á normalidade observando as perceptivas medidas sanitarias.
     

Webinars

En total, están previstos catro webinars a celebrar até o mes de decembro, segundo o seguinte calendario:

  • 3 de novembro de 2020: "INCOTERMS 2020". Inscrición.
  • 17 de novembro de 2020: "O MERCADO ALEMÁN". Inscrición.
  • 24 de novembro de 2020: "AXUDAS E FINANCIAMENTO DAS EXPORTACIÓNS". Inscrición.
  • 15 de decembro de 2020: "MERCADOS DOS PAÍSES BALCÁNICOS". Inscrición.
     

Os webinars celebraranse en horario de 17:00 a 20:00 horas e contarán coa intervención de consultores expertos en comercio exterior e a exposición de experiencias prácticas. Programa descargable completo ao final desta entrada.