Voltar atrás

Escrito o:

As pastelerías de Lugo permanecerán pechadas o día 29 de abril

A Asociación Provincial de Empresarios de Confitería, Pastelería, Bollería e Repostería conmemora este fin de semana a festividade da súa Patrona, Nosa Señora da Montserrat, que este año cae a sábado (27 de abril). Por este motivo, as pastelerías lucenses permanecerán pechadas o luns seguinte a esta data, día 29 de abril.

A maiores, durante a fin de semana están previstos varios actos para a celebración desta festividad anual. Concretamente, o sábado 27 a Cofradía da Nosa Señora da Montserrat invita ós integrantes do colectivo a participar nunha misa en honor da patrona, que terá lugar ás 20:30 horas na Iglesia Conventual das Madres Agustinas.

Por outra banda, o domingo 28 de abril, ás 21:30 horas, terá lugar unha cea de confraternización do colectivo no Restaurante Manuel Manuel, no transcurso da cal se homenaxeará a José Luis Fariñas, da Confitería Mallorca, con motivo da súa xubilación.