Voltar atrás

Escrito o:

Xornadas de introdución áa Creación de Experiencias de Ocio e de Turismo

Trátase dunha xornada de 4 horas e media, gratuíta, que terá lugar os días 24 e 25 de agosto nas instalacións do Servizo de Audiovisuais da Deputación de Lugodirixida a produtores, proveedores e profesionais locales. [Noticia Lugo: Aberto prazo Xornadas Creación de Experiencias de Ocio e Turismo https://www.youtube.com/watch?v=YNlDGP_AIZk]. 

Nela dotaranse de coñecementos, claves e ferramientas para axudar a deseñar, crear e comercializar experiencias. Unha oportunidade para diversificar, optimizar e rendibilizar os vosos negocios e adaptalos á nova realidade e demanda do nuevo turista.

Todas estas experiencias poderán ser promocionadas e presentadas en LUGOEXPERIENCE [www.congresoturismoexperiencial.com/lugoexperience], un evento que complementa o I CONGRESO NACIONAL DE TURISMO EXPERIENCIAL [www.congresoturismoexperiencial.com] e que busca ser o escaparate das experiencias da provincia de Lugo.

Durante o sábado 19 e o domingo 20 de setembro todos os asistentes do Congreso, turistas, visitantes, acompañantes, amigos e os propios cidadáns de Lugo terán a oportunidade de recorrer a provincia disfrutando dunha ampla oferta de produtos, servizos e actividades experienciais variadas, sostibles e accesibles: rutas de shopping, visitas teatralizadas, catas, degustacións, animacións, espectáculos, diversión, etc. Un evento que busca dar visibilidade ao comercio local, aos profesionais, proveedores e produtores locais que día a día loitan por ofrecer o mellor servizo e garantir a maior calidade.

Podes atopar máis información nas presentacións achegadas e nas webs de referencia.