Escrito o:
CEL e ICM firman un convenio para facilitar test de SARS-CoV-2 ás empresas de Lugo
O secretario xeral da Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), Jaime López, e o CEO do Instituto de Estudos Celulares e Moleculares (ICM), subscribiron hoxe un acordo de colaboración para facilitar ás empresas da provincia de Lugo acceso á realización de probas diagnósticas de SARS-CoV-2 (COVID-19).
En virtude do acordo, o laboratorio lucense, de referencia a nivel estatal e o único Centro de Diagnóstico de Galicia de carácter privado acreditado polo Ministerio de Ciencia e Innovación para a realización de test de SARS-CoV-2 (COVID-19), ofrecerá estes servizos de diagnóstico ás empresas integradas na CEL en condicións económicas vantaxosas, dada a facilidade de ICM para a confección de ofertas moi competitivas e personalizadas, debido á súa dotación con tecnoloxía punta.
Máis concretamente, o convenio, que xurde tras unha visita do secretario da CEL ás instalacións de ICM, destaca que as tarifas variarán en función número de test de detección de SARS-CoV-2 (COVID-19) a realizar (número de traballadores e frecuencia) e da localización da empresa. A toma de mostras, ademais, poderá realizarse mediante o desprazamento do seu persoal especializado ás instalacións de cada empresa ou ben mediante cita nalgún dos múltiples centros concertados cos que conta ICM.
Prescrición médica
O acordo subliña moi especialmente, así mesmo, que o test de detección da COVID-19 de ICM realizaranse sempre "baixo a correspondente prescrición e asesoramento médico, seguindo as directrices do Ministerio de Sanidade".
Desde a CEL destacan que "a crise sanitaria derivada da COVID-19 sitúa ás empresas ante unha situación de enorme incerteza e desafíos, e dunha rápida adaptación das mesmas ás novas condicións de desenvolvemento das actividades económicas que esta situación require, entre elas a procura de garantías de seguridade fronte á COVID-19 certificando as condicións de saúde dos seus traballadores". Esta é a razón "da procura pola nosa banda de colaboracións con outras entidades que faciliten este arduo labor de adaptación ás nosas empresas", en palabras do secretario xeral, Jaime López.
Esta colaboración é a cuarta que a CEL materializa para facilitar a adaptación das empresas lucenses á nova situación post COVID-19. Así, mantén un convenio con AMSlab, a través do que este laboratorio ofrece servizos de asesoramento e control dos protocolos de limpeza e higienización para certificar a idoneidade e seguridade destes fronte ao coronavirus SARS-CoV-2 (COVID-19), así como dous con provedores lucenses (Farmadismo e San Xiao Export) para facilitar o acceso a material/produtos hixiénico-sanitarios (máscaras, xel ou luvas) en condicións vantaxosas aos asociados da CEL.