Escrito o:
A CEL recibe 148.000 mascarillas da Xunta de Galicia a precio de coste para as empresas lucenses
A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) sumouse ao pedido centralizado de máscaras da Xunta de Galicia como central puntual de compras na provincia para proveer deste material ás empresas e asociacións de Lugo a prezo de custo.
De momento, a CEL cursou e recibiu xa un pedido de 148.000 máscaras de tipo quirúrxico, que son as que neste momento están dispoñibles, e que distribuirán entre un total de 28 empresas e asociacións empresariais da provincia, abarcando practicamente a todos os sectores fortes e con actividade non restrinxida na provincia (alimentación, industria, estacións de servizo, panadarías, estancos, enerxías renovables, instaladores, metal ou talleres, entre outras), e ás empresas de maior tamaño e con maior número de traballadores.
A CEL espera que con esta primeira remesa de máscaras se cubra polo menos a demanda inmediata e máis urxente das empresas lucenses deste tipo de elemento de protección, en espera dunha maior normalidade de aprovisionamento no mercado.
A repartición está a realizarse desde a plataforma loxística da Xunta de Galicia (Clonegal), que é a que se ocupa de todos os envíos de material que non ten que ver con centros médicos e hospitalarios.
Foto: Un momento da repartición, co secretario da CEL, Jaime López, e o presidente da Asociación Provincial de Instaladores Electricistas e de Telecomunicacións (APIEL), José Eduardo Fernández Vila.