Escrito o:
La CEL recibe con “sorpresa y disgusto” las nuevas medidas laborales del Gobierno
A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) recibiu con sorpresa e desgusto as medidas complementarias en materia laboral publicadas hoxe vía Real Decreto no BOE e anunciadas onte pola Ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz.
Valoran como "desafortunada" a intervención de onte da Ministra que "nuns minutos bota por terra a honorabilidade e boa imaxe das empresas españolas, ao cuestionar o seu proceder na adopción das medidas necesarias para non comprometer a súa posterior supervivencia". Lembra o "crucial papel" que empresas e autónomos cumpren xerando riqueza e emprego; resalta que son "motor" de país e que "non é momento de polas no disparadeiro".
A CEL cre que con estas medidas rompe o consenso "e o máis necesario que nunca diálogo social" e, na mesma liña do comunicado de CEOE e CEPYME en relación a este tema, considera que lastrarán a posterior recuperación económica do país.
Igualmente, e aínda comprendendo a excepcionalidade da situación, a CEL considera que a inseguridade xurídica que están a causar os cambios de criterio e a indefinición dalgunhas das medidas aprobadas, está a obrigar aos servizos xurídicos das empresas, os da CEL incluídos, a "rectificar sobre a marcha cuestiones de crucial interese para a xestión das decisións a adoptar".
Medidas Xunta
Noutra orde de cousas, a Confederación de Empresarios de Lugo realiza unha valoración "moi positiva" das medidas anunciadas onte polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoó para "inxectar liquidez inmediata ás empresas", e en especial o aval da propia Administración Autonómica ás operacións. Subliña que era esta una das principais preocupacións do tecido empresarial nestes momentos, e que este anuncio supón "unha garantía en firme" para aliviar o endebedamento das empresas.
Na mesma liña, móstranse agradecidos polo diálogo constante co Concello de Lugo e as medidas que o ente municipal ha anunciado para paliar o efecto da crise entre empresas e autónomos.
Finalmente, a CEL reitera que resultaría "negativo" un parón total da actividade económica, e que calquera medida respecto diso que se tome, aínda que sempre "pondo a seguridade e a saúde de todos por diante", haberá de ser proporcionada e sopesadas as súas repercusións en profundide.