Voltar atrás

Escrito o:

Cursos para emprendedores cooperativos na Fundación CEL

A nosa Fundación organiza, durante os próximos meses de marzo e abril e co apoio da Rede Eusumo, catro novos cursos dirixidos a cooperativas, sociedades laborais e emprendedores interesados en fórmulas de economía social. 

O obxectivo destes cursos é o de incentivar e axudar a desenvolver habilidades relacionadas coa xestión de novos negocios. Para iso, abordarán diferentes temáticas relacionadas coa xestión empresarial desde unha perspectiva actual, tocando temas como construción do modelo de negocio, negociación comercial, uso empresarial de Youtube, ou marca dixital.

En concreto, están previstos catro cursos:

  1. Curso ‘Negociación Comercial’: desenvolverase entre os días 9 e 12 de marzo e centraras en facilitar o coñecemento do proceso de negociación comercial e daquelas habilidades de comunicación verbal e non verbal que o dificultan ou favorecen
    VER PROGRAMA - INSCRICIÓN
  2. Curso 'Marca dixital: claves para un lanzamento exitoso': previsto entre os días 23 e 26 de marzo, explicará como desenvolver unha imaxe axeitada en contornas dixitais como investimento crave dun emprendedor para o seu proxecto ou empresa, facilitando os coñecementos para lograr unha estratexia de marca exitosa no ámbito dixital.
    VER PROGRAMA - INSCRICIÓN
  3. Curso ‘Youtube: o poder do videomarketing’: este curso centrarase nas bases do marketing en YouTube, ensinando a xestionar profesionalmente unha canle na plataforma e repasando conceptos técnicos básicos así como de contido, posicionamento, monetización e estadística. Terá lugar entre os días 30 de marzo e 2 de abril.
    VER PROGRAMA - INSCRICIÓN
  4. Curso ‘Constrúe o teu modelo de negocio con Lego’: con esta formación baseada na metodoloxía LEGO® Serious Play®, búscase axudar ao emprendedor a concretar os puntos clave para levar a cabo a súa idea de negocio satisfactoriamente, fomentando a creación dunha estratexia clara para deseñar o produto e para chegar ao cliente obxectivo. Todas as sesións están orientadas a incrementar a creatividade aplicada ás ideas de negocio das diferentes cooperativas.
    VER PROGRAMA - INSCRICIÓN

De 15 horas de duración cada un, todos os cursos terán lugar en horario de tarde (a maioría das xornadas de 16:00 a 20:00 horas e algunha de 16:00 a 19:00 horas) nas instalacións da Fundación CEL (Pazo de Feiras e Congresos, O Palomar s/n). En todos os casos contarase con formadores expertos.

As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición.

Máis info