Escrito o:
Mellorar a competividade das empresas lucenses, obxectivo dos obradoiros da CEL e a Deputación
A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), co apoio da Deputación Provincial de Lugo, organizou esta semana dúas workshops ou obraoiros de traballo dirixidos a empresas, emprendedores e interesados en materias relacionadas coa xestión empresarial. Viveiro e Lugo foron as localidades que acolleron estes encontros, nos que se analizaron ferramentas e aplicacións tecnolóxicas, sistemas de xestión e control ou axudas públicas para a súa implantación, entre outros.
O encontro de Viveiro tivo lugar o xoves e foi inaugurado por María Loureiro, alcaldesa de Viviero e deputada provincial, e Jaime López, secretario xeral da CEL. O de Lugo celebrouse na sede central da CEL e contou na inauguración con Pablo Rivera, deputado provincial de Promoción Económica e Emprego, e tamén co secretario da CEL.
Tanto Loureiro como Rivera destacaron a realidade do cambio continuo nos mercados, que obrigan a adoptar novas ideas e tomar decisións que axuden a diferenciar o propio negocio dos demais así como no apoio da Diputacion de Lugo a este tipo de iniciativas, á CEL e ao tecido empresarial lucense.