Escrito o:
Xornada sobre Blockchain na Fundación CEL
A Fundación CEL Iniciativas por Lugo organiza, conxuntamente coa Asociación Gallega de Blockchain e IOT (AGALBIT) e a colaboración de eta Confederación, a xornada informativa Blockchain, que pode facer pola miña empresa?.
Esta xornada, que terá lugar o martes 3 de decembro, de 9:30 a 11:00 horas, en formato almorzo de traballo, busca dar a coñecer o estado actual das tecnoloxías de blockchain e as súas aplicacións no mundo da empresa.
Os organizadores sinalan que o blockchain, e moi especialmente as vantaxes de uso no mundo dos negocios, son moi descoñecidos a pesar de que continuamente estamos a falar hoxe de novas tecnoloxías, robotización ou industria 4.0, polo que esperan a través deste encontro lograr «certa alfabetización na materia», profundando nos fundamentos do blockchain e noutros aspectos como modelos de negocio ou casos prácticos do seu uso en empresas.
A xornada, que contará coas achegas de Antonio Comesaña, presidente de AGALBIT, e de Pablo López, asesor business de AGALBIT, está dirixida preferentemente a empresarios, directivos e emprendedores, aínda que aberta á participación de calquera persoa interesada nas tecnoloxías do futuro.
As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición, que pode tramitarse a través desta ligazón:
INSCRICIÓN JORNADA BLOCKCHAIN LUGO
Máis info
Ver Programa
E-Mail: formacion@fundacioncel.org
Teléfono : 982284150
Lugar de celebración: Fundación CEL Iniciativas por Lugo