Voltar atrás

Escrito o:

Xornada DAM 2019 - Estratexia e Innovación Empresarial na Nova Economía Dixital

Un grupo de empresarios de varios sectores e lugares, conscientes da súa responsabilidade social agrupados por TRIPLEM ante o reto da nova economía dixital e a súa repercusión no futuro das empresas, organizan e convocan unha interesante xornada denominada Xornada DAM 2019 - ESTRATEXIA E INNOVACIÓN EMPRESARIAL NA NOVA ECONOMÍA DIXITAL, que terá lugar o día 20 de xuño de 2019 no Instituto CIFP As Mercedes de Lugo, en horario matinal.

A Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), colabora con este encontro, no que se reflexionará sobre transformación dixital e a súa repercusión nas empresas, a través das historias e experiencias dun total de catorce relatores, expertos en aspectos tan diversos como estratexia empresarial, estratexia dixital, mellora continua, metodoloxía EFQM, investigación, innovación e desenvolvemento, validación de novos negocios, produtos e mercados, mercadotecnia, creación de produtos de gama alta e de luxo, internacionalización, automatización e robotización, formación continua, e-learning, novo talento, novas capacidades, etc., afeitos aprender dos erros e os fracasos, buscando novos modelos e resultados a través dunha xestión circular.

O obxectivo final da xornada é axudar, solucionar e dar resposta aos interrogantes desencadeados pola transformación dixital e poder ofrecer unha visión de novos procesos de negocio, novos mercados, novas capacidades, novos talentos, que achegan novas oportunidades a través das novas formas de facer, aplicables ás empresas participantes e á contorna no que se desenvolven.

A xornada está dirixida a empresas e empresarios de todos os sectores económicos, así como aos seus equipos profesionais, para que poidan achegarse unha visión global dos retos aos que se enfrontan e das alianzas que han de tecerse para crecer neste novo escenario dixital. PRAZAS LIMITADAS.

MÁIS INFO

INSCRICIÓN