Escrito o:
XORNADA Financiación das exportacións
O financiamento das operacións no estranxeiro difire da necesaria en territorio nacional. Para facilitala existen diferentes fórmulas, como o factoring e forfaiting, así como instrumentos específicos habilitados por organismos públicos como ICEX ou IGAPE, entre outros.
Co fin de dar a coñecer de forma detallada estas ferramentas, a CEL organiza unha xornada informativa no marco do proxecto INTERNOVAMARKET - FOOD, posto en marcha a través do Programa INTERREG V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020 co impulso de varias organizacións empresariais de Galicia e o Norte de Portugal.
A xornada terá lugar na sede central da CEL en Lugo o próximo día 13 de xuño, xoves, en horario de 17:00 a 19:00 horas, e contará coas achegas dun avogado especializado en comercio internacional. No programa da xornada (descargable en pdf ao final desta entrada), abordaranse cuestións como:
LIÑAS DE AXUDA FINANCIEIRA Á INTERNACIONALIZACION
IGAPE
ICEX
ZONA FRANCA
COFIDES
CÁMARAS DE COMERCIO
COBERTURA DE RISCOS EN COMERCIO EXTERIOR
CESCE
COFACE
INSTRUMENTOS BANCARIOS DE FINANCIAMENTO
Plan Activamos de ABANCA e Deputacións
Desconto bancario das operacións de comercio internacional.
Contratos de factoring e forfaiting
As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición que pode formalizarse a través desta LIGAZÓN. Darase preferencia ás empresas inscritas no programa Internovamarket - Food.
NOTA: Contémplase a opción de asistencia en streaming. Neste caso, as prazas tamén son limitadas e darase preferencia a asistentes procedentes doutras localidades e inscritas no programa Internovamarket - Food.
Sede Central CELPlaza de Santo Domingo, 6-8, 2ª Planta
27.001 LUGO