Voltar atrás

Escrito o:

XORNADA Financiación das exportacións

O financiamento das operacións no estranxeiro difire da necesaria en territorio nacional. Para facilitala existen diferentes fórmulas, como o factoring e forfaiting, así como instrumentos específicos habilitados por organismos públicos como ICEX ou IGAPE, entre outros. 

Co fin de dar a coñecer de forma detallada estas ferramentas, a CEL organiza unha xornada informativa no marco do proxecto INTERNOVAMARKET - FOOD, posto en marcha a través do Programa INTERREG V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020 co impulso de varias organizacións empresariais de Galicia e o Norte de Portugal.

A xornada terá lugar na sede central da CEL en Lugo o próximo día 13 de xuño, xoves, en horario de 17:00 a 19:00 horas, e contará coas achegas dun avogado especializado en comercio internacional. No programa da xornada (descargable en pdf ao final desta entrada), abordaranse cuestións como:

      LIÑAS DE AXUDA FINANCIEIRA Á INTERNACIONALIZACION
           IGAPE
           ICEX
           ZONA FRANCA
           COFIDES
           CÁMARAS DE COMERCIO           

      COBERTURA DE RISCOS EN COMERCIO EXTERIOR
           CESCE
           COFACE

     INSTRUMENTOS BANCARIOS DE FINANCIAMENTO
           Plan Activamos de ABANCA e Deputacións
           Desconto bancario das operacións de comercio internacional.
           Contratos de factoring e forfaiting

As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición que pode formalizarse a través desta LIGAZÓN. Darase preferencia ás empresas inscritas no programa Internovamarket - Food.

NOTA: Contémplase a opción de asistencia en streaming. Neste caso, as prazas tamén son limitadas e darase preferencia a asistentes procedentes doutras localidades e inscritas no programa Internovamarket - Food.

Sede Central CEL
Plaza de Santo Domingo, 6-8, 2ª Planta
27.001 LUGO