Voltar atrás

Escrito o:

Píldora PLANIFICACIÓN CONTINUA FINANCIERA

A Confederación de Empresarios de Lugo organiza, entre os días 20 e 23 de maio e no marco dos Orzamentos Participativos do Concello de Lugo, o curso intensivo "Planificación Continua (Financeira)".

Este curso, que se enmarca e pecha o programa de accións formativas Píldoras de Coñecemento para Emprendedores, ten por obxectivo achegar coñecementos teóricos e, sobre todo, prácticos, de face ao desenvolvemento dunha visión financeira global do proxecto empresarial, facilitando ferramentas efectivas para a posta en marcha dun sistema de planificación continua financeira que facilite a xestión do negocio e a toma de decisións por parte da dirección.

Divídese en catro sesións, que terán lugar en horario de tarde na Escola de Empresarios da CEL (sita en Rúa Manuel Murguía 6 - Baixo) e que profundarán en cuestións como ferramentas financeiras, orzamento continuo, planificación e control de custos, investimentos e rendibilidade obtida, entre outras (programa completo descargable en pdf ao final desta entrada).

As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición que pode formalizarse nesta LIGAZÓN.