Voltar atrás

Escrito o:

Píldora ORGANIZACIÓN HUMAN TO HUMAN

A Confederación de Empresarios de Lugo organiza, entre os días 13 e 16 de maio e no marco dos Orzamentos Participativos do Concello de Lugo, o curso intensivo "Organizacion Human To Human".

Este curso, que se enmarca no programa de accións formativas Píldoras de Coñecemento para Emprendedores, busca desenvolver en empresarios, líderes e responsables as capacidades cognitivas, emocionais e relacionales que necesitan as organizacións do mañá (e do hoxe), profundando nas habilidades sociais profesionais mediante os factores intangibles que xeran o 90% do éxito das empresas: rede de contactos, comportamento, coñecemento adquirido, comunicación, emocións, confianza, imaxinación e creatividade. 

Divídese en catro sesións, que terán lugar en horario de tarde na sede central da CEL e que profundarán en cuestións como comunicación en público, intelixencia emocional ou marcación de obxectivos persoais. Programa completo descargable en pdf ao final desta entrada.

As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición que pode formalizarse nesta LIGAZÓN.