Escrito o:
Pildora NEGOCIOS QUE NAMORAN
A Confederación de Empresarios de Lugo organiza, entre os días 6 e 9 de maio e no marco dos Orzamentos Participativos do Concello de Lugo, un curso intensivo para emprendedores interesados en mellorar a proxección e vendas do seu negocio.
Este curso, que se emarca no programa de accións formativas Píldoras de Coñecemento para Emprendedores e leva por nome "Negocios que Namoran", busca orientar a emprendedores para a formulación dunha proposta de valor atractiva e diferenciada para o seu negocio, atractiva para que o seu produto ou servizo sexa elixido fronte ao da competencia.
Divídese en catro sesións, que terán lugar en horario de tarde na sede central da CEL e que profundarán en cuestións como creación dunha proposta de valor, a comunicación da proposta de valor ou o street marketing, gamificación e marketing online. Programa completo descargable en pdf ao final desta entrada.
As prazas son limitadas e cubriranse por rigorosa orde de inscrición que pode formalizarse nesta LIGAZÓN.