Voltar atrás

Escrito o:

Presentadas nuevas acciones formativas para emprendedores de Concello de Lugo y CEL

O Concello de Lugo e a CEL impulsan un programa de formación para aprender a emprender, dentro dos Orzamentos Participativos do Concello.

A concelleira de Concello e Cidadanía, Rosana Rielo, a concelleira de Economía, Emprego e Desenvolvemento Económico,  Ana Prieto, e a secretaria adxunta e responsable da asesoría xurídica da CEL, Lourdes Pardo, presentaron este mércores, na Sala de usos múltiples do Edificio de Novas Tecnoloxías, un programa de formación para emprender, Píldoras de coñecemento para emprendedores, unha proposta dos Orzamentos Participativos, que no período de votación recibiu un centenar de votos. Esta iniciativa, proposta pola asociación Mulleres Empresarias, é unha das 8 de dinamización e apoio ao emprendemento que pediu a veciñanza neste proceso participativo. 

Tal e como explicou Rosana Rielo, trátase de 4 obradoiros gratuítos, de 15 horas de duración cada un, que se celebrarán de luns a xoves na sede da CEL, na Praza de Santo Domingo, en xornada de tarde, a partir do 1 de abril. Cada taller ten un número máximo de participantes de 15 (60 prazas en total), e as inscricións débense realizar, dende hoxe mesmo, a través da web da CEL. Cada persoa pode participar en píldoras separadas ou no seu conxunto. As prazas cubriranse por rigurosa orde de inscrición.

A edil, quen agradeceu de novo a implicación de todos os veciños e veciñas nos Orzamentos Participativos, puxo en valor a celebración destas píldoras, nas que se desenvolverán as capacidades cognitivas, emocionais e relacionais que necesiitan as organizacións hoxe en día.

Pola súa banda Ana Prieto, enxalzou o "espíritu emprendedor" que temos en Lugo, "que o vemos reflexado no éxito que están acadando as propostas dedicadas ao emprendemento nos Orzamentos Participativos, que son moitas e variadas". 

Para rematar, Lourdes Pardo agradeu ao Concello a súa sensibilidade por fomentar o emprendemento e amosou a súa satisfación por poder celebrar esta proposta, "moi interesante para os emprendedores e os futuros emprendedores", e que ademais reflexa as sinerxias para traballar polo emprendemento. Tamén quixo chamar á participarción nestes talleres, "cun programa especializado e moi novidoso e con contidos atractivos".

Más info